Envío de requerimentos para manter a conservación dos solares

Obrigatoriedade de manter en boa conservación os solares e fincas situados nos núcleos urbanos, zonas da periferia e áreas residenciais de parroquias rurais según a normativa
Obrigatoriedade de manter en boa conservación os solares e fincas situados nos núcleos urbanos, zonas da periferia e áreas residenciais de parroquias rurais según a normativa

Os solares e fincas deben manterse en boas condicións de conservación. O Concello da Laracha iniciou o envío dos requerimentos aos propietarios.

A Lei do Solo de Galicia establece a obrigatoriedade de manter en óptimas condicións de conservación os solares e fincas situados nos núcleos urbanos. Tamén en zonas da periferia e áreas residenciais de parroquias rurais que requiren dun tratamento especial.

En cumprimento desta normativa, a Policía Local elaborou un informe detallando todos os terreos que non se atopan en boas condicións de conservación. De acordo a dito informe, o Concello iniciou o envío das notificacións aos seus propietarios. Requíreselles a execución das actuacións correspondentes á maior brevidade.

Douscentos expedientes

En total tramítanse preto de douscentos expedientes destas características sobre parcelas situadas nos tres núcleos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión). De igual modo nos seus entorno e tamén os situados na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

Todos os anos o Concello da Laracha desenvolve unha campaña informativa sobre estas cuestións. E, con especial incidencia na primavera e no verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa. Ademáis, nos meses restantes se levan a cabo actuacións dirixidas a cumprir as condicións de seguridade, hixiene, salubridade e ornato público das fincas privadas.

Sancións administrativas

Nos requirimentos advírtese aos titulares dos terreos que o incumprimento da normativa vixente poderá implicar sancións administrativas. Tamén, asumir o propietario das parcelas o custe das actuacións que, no caso de ser preciso, o Concello  executará subsidiariamente.

Así, o Concello da Laracha agradece á veciñanza a súa implicación e sensibilización co mantemento en bo estado de conservación das parcelas privadas. Por norma xeral ditos labores se acometen en tempo e sen necesidade de requirimentos previos.