Limpeza e acondicionamento do entorno dos ríos Anllóns, Acheiro e Bradoso

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito visitaron na contorno dos ríos

En total actúase en máis de 19 km. xunto aos ríos poñendo en valor estes espazos fluviais de gran valor paisaxístico e medioambiental

O Concello da Laracha continúa mostrando o seu compromiso coa posta en valor dos entornos dos ríos como espazos naturais de gran valor paisaxístico e medioambiental. Todos os anos impúlsanse actuacións das áreas pluviales para acondicionalas, controlar o crecemento da biomasa e mantelas en condicións de limpeza. Os labores consisten na eliminación da maleza na zona de policía de cinco metros e a ambas marxes dos ríos nos tramos nos que a orografía do terreo así o permite.

Nos últimos meses as brigadas medioambientais municipais actuaron nunha distancia lineal de máis de 19 kilómetros:

  • 10,7 km no río Anllóns (desde Os Muíños de Coiro ata Tuixe)
  • 6 km no río Acheiro (desde a confluencia co Anllóns ata A Beria en Golmar)
  • 2,6 km no río Bradoso (desde o cruce de San Fins ata O Xestal)

Actualmente os operarios están concluíndo as intervencións no Anllóns, estando xa rematadas nos outros dous ríos. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito reuníronse cunha das cuadrillas á altura do lugar de Vista Alegre (parroquia de Vilaño)  para interesarse polo resultado das actuacións.

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses son espazos de alto valor paisaxístico e de biodiversidade animal e vexetal . Desde o Concello animan aos veciños e veciñas a descubrir estes entornos que ofrecen os ríos Anllóns, Bradoso, Acheiro e tamén o Vilán.