Eventos culturais nas Festa do Corpus e do Carme en Caión

Teatro infantil con Acuario, en Caión, unha peza de Ghazafelhos baseada no libro de poemas de María Canosa
Teatro infantil con Acuario, en Caión, unha peza de Ghazafelhos baseada no libro de poemas de María Canosa

Mañá haberá cine ao aire libre e o domingo, pasacalle e teatro na vila de Caión

Todos os anos nestas datas en Caión celébranse as Festas do Corpus e do Carme, a patroa dos mariñeiros. Antes da pandemia o programa lúdico e recreativo o organizaba a Asociación Cultural y Deportiva Peña Royal coa colaboración do Concello.

Por segundo ano consecutivo a situación sanitaria continúa impedindo a celebración das festas. Sen embargo, coincidindo con estas datas o Concello programou eventos culturais dirixidos a todos os públicos, especialmente ao infantil e familiar. Se desenvolverán cumprindo as oportunas medidas de seguridade. Ambos levaranse a cabo no aparcamento xunto á casa reitoral, preto da praza Eduardo Vila Fano.

Programa

Así, mañá venres a partir das 22:30 horas proxectarase o filme galego-cubano de animación Maimiño e o espello máxico. Trátase dunha adaptación libre do clásico conto Pulgariño.

O domingo a mediodía haberá un pasacalle pola vila de Caión a cargo do grupo Xacarandaina. Pola tarde, desde as 19:30 horas, de novo no aparcamento haberá teatro infantil con "Acuario". Trátase dunha peza de Ghazafelhos baseada no libro de poemas de María Canosa e posto en escena con actores e monicreques.

O acceso a ambos eventos culturais será gratuíto e por orde de chegada ata completar a capacidade máxima permitida no recinto. A Deputación Provincial da Coruña colabora co Concello na organización deste programa.