A Bandeira Azul volve ondear na praia de Caión

O representantes do goberno local xunto ao equipo de salvamento
O representantes do goberno local xunto ao equipo de salvamento

Ademáis, desde hoxe, aberta a oficina de información turística de Caión

Desde este mediodía na praia de Caión volve ondear a Bandeira Azul. Unha ampla representación do goberno local, encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela, realizou o primeiro izado xunto ao equipo de salvamento e socorrismo.

A Bandeira Azul é o distintivo que outorga a Fundación Europea de Educación Ambiental para recoñecer a calidade dos areais e das augas. Tamén distingue normas relacionadas coa seguridade, respecto medioambiental, accesibilidade e servizos xerais, entre outras cuestións.

Además, conserva o distintivo de Sendeiro Azul o tramo do paseo marítimo que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido. Pola súa parte, o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar repite distintivo de Centro Azul en recoñecemento ao labor de educación ambiental. Lembramos que o Concello ten aberto o procedemento de selección dun técnico que estará ao cargo do Centro durante un período de cinco meses.

Oficina turística

Desde esta tarde o Concello da Laracha volve prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do municipio e doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia. O horario de apertura ao público durante o verán será:

  • Martes: 15:30 a 18:00 horas
  • Mércores a sábado: 9:00 a 13:30 e 15:30 a 18:00 horas
  • Domingo: 9:00 a 13:30 horas
Representación do goberno local da Laracha, encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela, en Caión