Día do Deporte da Laracha o sábado 4 de xuño

Cartel do Día do deporte na Laracha
Cartel do Día do deporte na Laracha

A partir das 10:00 horas na Praza Olonne sur Mer da Laracha e o seu entorno celébrase a 12ª edición do Día do Deporte

O Día do Deporte regresa á Laracha o sábado día 4 de xuño, coa celebración da duodécima edición. Trátase dun evento consolidado na programación anual municipal e no que se anima a participar a toda a cidadanía. O propósito esencial é dar visibilidade ás diferentes modalidades deportivas, fomentar a práctica de diversidade de tipos de actividade física e promocionar os estilos de vida saudables.

A xornada desenvolverase na Praza Olonne sur Mer da Laracha e no seu entorno (Praza da Cultura, piscina municipal e pavillón do IES Agra de Leborís) a partir das 10:00 horas. As persoas que se acheguen para desfrutar deste evento poderán practicar:

  • fútbol 3x3
  • baloncesto
  • judo
  • tiro con arco
  • mountain bike
  • xadrez
  • equitación
  • chave
  • ximnasia de mantemento
  • zumba
  • billarda
  • aquagym (neste último caso, na piscina municipal)

Ofrecerase a posibilidade de practicar estes deportes de forma libre, dirixida e, no caso do baloncesto, na modalidade de competición en tiros libres e triplas. Será preciso a inscrición previa no propio lugar do desenvolvemento da actividade. Ademais, os clubs de chave e de billarda terán o seu propio torneo durante a xornada.

Exhibicións e actividades lúdicas

No Día do Deporte, tamén haberá exhibicións de patinaxe (11:00 h no pavillón do IES Agra de Leborís) e de zumba kids (12:00 h na Praza Olonne sur Mer). Co estas actividades se clausurará a temporada das escolas deportivas municipais.

Como actividades lúdico-deportivas que complementan a oferta de actividades están os karts a pedais, portería inchable, escalada tobogán, táboa de surf e barredora. A xornada concluirá coa tómbola de premios a partir das 13:30 horas. Todas as persoas que participaron durante a mañá nalgunha actividade deportiva optarán aos premios doados polas empresas colaboradoras:

  • HL Energía
  • Supermercados Gadis
  • Autoservicio Familia
  • Deportes San Remo
  • Hebe Sport
  • Abanca
  • La Caixa
  • Diario de Bergantiños
  • Imprenta Esymar
  • Hotel-Restaurante ABC
  • Cervecería M3
  • O Noso Café
  • As Tres Marías
  • Manhattan Skyline
  • Esproade
  • Cristalería El Reflejo