O Museo Etnolúdico de Galicia acolleu a 14ª xornada da Liga Atlántica de Billarda

Podium na xornada disputada en Ponteceso
Podium na xornada disputada en Ponteceso

A xornada celebrouse nas instalacións situadas na vila de Ponteceso. A proxima será na Laracha, penúltima desta tempada

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) acolleu a 14º xornada de Liga Atlántica de Billarda. Antes do comenzó do xogo en Ponteceso fixeronse dous actos. Jose Gándara Martínez recibiu unha distinción por sus 100 Xornadas de Billarda, e o saque de honra foi para o director do Melga, Ricardo Pérez y Verdes. Os pódios foron para:

Absoluta

  • 1 X.Collazo (Campo da Feira-Paiosaco)
  • 2 Xan Rodiño (Lúa deForza-Sanxenxo) 
  • 3 David (Cochiquelros-Cerceda) 

Feminina

  • 1 Mercedes (APB-A Laracha) 
  • 2 Marisa (Lua de Forza-Sanxenxo) 
  • 3 Sonia (Cochiqueiros-Cerceda) 

Infantil

Equipos

  • 1 Campo da Feira-Paiosaco
  • 2 Cochiqueiros-Cerceda
  • 3 APB-A Laracha

Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen a Ricardo Pérez y Verdes, xerente do MELGA e colaborador da Liga Atlántica de Billarda, por ceder as instalacións do MELGA e pola doación dos magníficos trofeos. Despois da xornada houbo un ágape degustación de empanadas de nécoras e bacallau con castañas doces,t arta de almendra  e sobremesa que trouxeron de Baio, a familia de Valentín. Tamén, foi a presentación oficial da sidra Mirándara, elaborada por Miranda e Gándara, dous xogadores de Filloas de Sangue. A proxima xornada será na Laracha, penúltima desta tempada.