CP Conxuro organiza o Campionato Preseleccións Provinciais Libre na Laracha

Cartel do Campionato de Patinaxe na Laracha

O campionato se vai celebrar o 5 e 6 de febreiro no pavillón municipal do concello

O CP Conxuro organiza por primeira vez o Campionato Preseleccións Provinciais Libre (Cadete a Senior) de patinaxe. Se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 5 de febreiro desde as 9:30 ata as 20:20 horas e o domingo 6 de febreiro desde as 9:30 hasta as 14:45 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial, a primeira da tempada. Acudirán preto de 100 patinadores que realizarán o seu programa coa finalidade de acadar a categoría nacional ou rexional para o resto da tempada.

Tomarán parte no evento os siguente vinte clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña e Lugo:

  • CP Velúa
  • CPA Brión
  • CDP Boiro
  • CP Oroso
  • CPA Omega
  • CPA Ágora
  • CP Sarela
  • CD Fontiñas
  • CP Riberira
  • CP Compostela
  • CDP Berenguela
  • CP Campus Stellae
  • CP Buxaina
  • CP Lenda
  • CP Axel
  • CPA Eiriz
  • Noia Patín
  • CP Anca
  • CPA Maxia
  • CP Conxuro A Laracha

O CP Conxuro presenta a 5 das súas patinadoras:

  • Cadete: Marta Andrade, Paula Rey, Xulia Arán e Uxía Freire
  • Junior: Ainhoa Cotelo

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe. Ademáis, conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta - Deporte Galego e os patrocinadores "Asteria Café", "Argalla", "O Noso Café" e "Maluca Lobe".