O Bng leva ao pleno modificar a ordenanza de terrazas na Laracha

Carolina Castiñeiras e Xoán Sande, concelleiros do Bng Laracha
Carolina Castiñeiras e Xoán Sande, concelleiros do Bng Laracha

Xoán Sande, voceiro do grupo municipal do Bng, insta a adaptarla á realidade actual pola pandemia

O Bng da Laracha rexistrou unha moción para o seu debate no próximo pleno ordinario da Corporación. "Instamos o goberno municipal - explica Xoán Sande, voceiro do grupo municipal- a iniciar o proceso para modificar a ordenanza de terrazas". Consideran que a ordenanza municipal que regula a instalación de terrazas nos locais de hostelaría "está obsoleta nalgúns aspectos e debería ser modificada". En concreto, no artigo 4 recolle que se considera tempada para a instalación de mesas, veladores, cadeiras e elementos análogos a comprendida entre o 15 de maio e o 15 de setembro de cada ano.

Pero, a realidade de hoxe é que as terrazas son demandadas e utilizadas durante todo o ano. "Máis aínda desde que estamos padecendo a pandemia actual, situación na que os contactos entre persoas ao aire libre son máis seguros que en espazos pechados", dí Sande. Na súa opinión, tamén debe regular esta ordenanza a instalación de estruturas que permitan o uso das terrazas durante todo o ano. "En definitiva - engaden dende o Bng- trátase de adaptar a ordenanza á realidade actual, ao que podemos ver en todos os concellos do noso entorno".