A Laracha recibe dúas Flores de Honra pola súa xestión medioambiental

É a primeiro vez que A Laracha acada este recoñecemento

O Concello da Laracha obtén por primeira vez o recoñecemento no certame "Vilas en Flor" impulsado pola Fundación Juana de Vega


O Concello da Laracha ven de obter por primeira vez o recoñecemento no certame "Vilas en Flor". Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR).

Así, o alcalde, José Manuel López Varela, recibiu no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, a distinción con dúas Flores de Honra polo traballo desenvolvido desde o Concello en diferentes áreas relacionadas coa xestión medioambiental:

  • a mellora do espazo verde urbano
  • a xestión de residuos A Laracha é un concello pioneiro en Galicia na posta en marcha da quinta fracción de orgánicos
  • os paseos fluviais
  • a recuperación dos entornos dos ríos
  • a xestión do ciclo da auga
  • o acondicionamento de parques e xardíns
  • as iniciativas para poñer en valor espazos de alto valor ambiental como a carballeira de San Fins

Aclarar que "Vilas en Flor" é un programa que naceu en 2018. Está encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística. Ademais a iniciativa da Fundación Juana de Vega pretende a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.

Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa contribución ao desenvolvemento local a través da paisaxe. Tamén por xerar actividade do propio sector da planta ornamental e da xardinería, así como un aumento de visitas turísticas.