Torneo Aberto de Billarda mañá en Paiosaco

Celébrase un novo torneo de billarda de fin de ano en Paiosaco
Celébrase un novo torneo de billarda de fin de ano en Paiosaco

A Conferencia Noroeste de Billarda despide o ano con un torneo en A Laracha

Para despedir o ano a Conferencia Noroeste organiza por quinto ano consecutivo o Torneo Aberto de Billarda (TAB) en Paiosaco. O campo da feira reunirá aos deportistas mañá 31 de decembro a las 11:00 horas. Se chove xogarase no pavillón do IES Agra de Leborís. Continuando coa estratexia de promoción deste deporte, a Asociación Campo da Feira, coa colaboracion do Concello da Laracha, organiza a competición. Participarán los equipos agrupados no Noroeste para "darlle outro empurron aesta actividade que cada día ten mais participantes", afirman. A ultima hora de onte había notificado a sua presencia distintos palanadores e palanadoras. Lembramos que o gañador do pasado ano foi Eduardo García. Desde a organización piden forzar de xeito persoal as medidas sanitarias anticovid.