"Seráns de Baile" en Paiosaco

Seráns de Baile no centro sociocultural de Paiosaco, Concello da Laracha

Como cada sábado "Seráns de Baile" para persoas maiores de xeito gratuito

Todos os sábados o Concello da Laracha programa os Seráns de Baile nas instalacións do centro sociocultural de Paiosaco de 18:00 a 21:00 horas. Son as tardes de música, baile e ocio para as persoas maiores, que están convidadas a asistir dun xeito totalmente gratuíto.

O lugar escollido, o auditorio do centro sociocultural da Porta Santa, é amplo e funcional. Conta no seu exterior cun amplo espazo de aparcamento para maior comodidade das persoas que se achegan en vehículo particular.

O Concello organiza o Seráns de Baile para ofrecer aos asistentes unha alternativa de ocio que optimice o seu tempo de lecer. Ademais, permite relacións sociais entre o colectivo da terceira idade e evite a exclusión social.