A Policía Local propuxo para sanción a 18 persoas

Cumplir as normas para evitar unha sanción coas novas normativas
Cumplir as normas para evitar unha sanción coas novas normativas

A sanción foi por non portar máscara, fumar sen distancia de seguridade, incumprir o toque de queda e exceder o número máximo en grupos de non convivintes

Durante a pasada fin de semana os axentes do corpo de seguridade municipal propuxeron para sanción a 18 persoas por incumprimentos da nova normativa na vía pública. Desde o pasado venres se relaxaron certas medidas restritivas impostas en toda Galicia pola Xunta. Ante esta circunstancia, a Policía Local da Laracha intensificou nos últimos días o control do seu cumprimento.

O caso que involucrou a un maior número de persoas sucedeu o domingo en torno ás 19:00 horas. Unha patrulla disolveu un grupo de doce mozos no paseo fluvial do Anllóns tras recibir a chamada dun particular advertindo desa circunstancia. Tamén foi denunciada unha persoa por consumo de alcohol na vía pública.

Ademais, os efectivos da Policía Local exercen desde o venres un labor informativo centrado nos locais de hostalería. A finalidade é aclarar dúbidas sobre as normas específicas vixentes para ese sector. seu cumprimento será controlado polas diferentes forzas e corpos de seguridade.

Cumplir a normativa

Segundo as medidas preventivas vixentes no momento actual, só se exceptúa a obriga do uso da máscara facial na vía pública ou en espazos ao aire libre, no momento do consumo de tabaco, cigarros electrónicos, alimentos e bebidas. E ademáis, sempre que a persoa o realice parada e fóra dos lugares habituais de circulación ou presenza de viandantes.

Por último, en canto ao labor de control da circulación na rede viaria, foi interceptado na noite do sábado un condutor que arroxou un resultado positivo na proba de detección de consumo de substancias estupefacientes.Tamén se iniciou o correspondente expediente sancionador.