"Rueiros da Vila" nas Festas dos Milagres

Presentación "Rueiros da Vila" en Caión
Presentación "Rueiros da Vila" en Caión

Os "Rueiros da Vila" desenvolveranse en tres escenarios para sacarlle o máximo partido aos diferentes espazos existentes en Caión

En torno a Romaría dos Milagres de Caión, o Concello da Laracha organiza unha ampla programación cultural que se levará a cabo baixo o título "Rueiros da Vila". Incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Este programa foi presentado polo alcalde, José Manuel López Varela, nun acto celebrado na oficina de turismo de Caión. (Ver debaixo a progración completa).

Lembramos que a Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de interese turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.

Espazos naturais e arquitectónicos

"Rueiros da vila" realizarase ao longo de cinco días, do 8 ao 12 de setembro, en tres escenarios diferentes. O propósito é sacarlle o máximo partido aos espazos existentes en Caión. Así, contarase co escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).

O alcalde considera que esta novidosa programación é “de alta calidade e adaptada ás circunstancia actuais”. Por eiso, agarda teña “unha boa acollida entre a veciñanza e tamén entre os visitantes, axudando a impulsar a actividade económica e a promoción turística". A iniciativa ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre os eventos que se desenvolverán.

O programa das cinco xornadas

  • Mércores 8
  • Concerto: Battosai. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Espectáculo infantil e familiar: Circo Crunch de Muu! 19:30 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Matthew Ward. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

  • Xoves 9
  • Concerto: Superfuzz. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Contacontos infantil con Charo Pita. 18:00 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
  • Concerto: Músculo! 21:00 h. Escenario Salseiras.

  • Venres 10
  • Xornada de cultura urbana. 17:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: María Goris Trío. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

  • Sábado 11
  • Concerto: Dani Stoyka. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Actuación da Asociación Cultural Arume de Caión. 19:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Ailá. 21:00 h. Escenario Patio.

  • Domingo 12
  • Concerto: Pakolas. 13:00 h. Escenario Salseiras.
  • Concerto: Sheila Patricia. 21:00 h. Escenario Patio.