O 23 de febrero poderase renovar o DNI na Laracha

Concello da Laracha

As cincuenta prazas dispoñibles para renovar o DNI outorgaranse por orde de inscrición

A Policía Nacional desprazará á Laracha o vindeiro día 23 de febreiro un equipo móbil para realizar renovacións do DNI ou, de ser o caso, expedir o carné por primeira vez. O horario de atención será de 9:00 a 12:00 horas. Hai cincuenta prazas dispoñibles que serán outorgadas por orde de inscrición. Para a reserva da cita requírese chamar ao 981 612811, teléfono do edificio administrativo da Laracha.