Dende o programa de voluntariado cooperan co centro de saúde

Desde el programa de voluntariado se atiende en el centro de salud

Os participantes do programa realizan funcións de control de acceso ás instalacións durante a campaña de vacinación da gripe

No Concello da Laracha estase a desenvolver un programa de voluntariado xuvenil co apoio da Xunta de Galicia. É a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado do que forman parte oito mozos menores de 30 anos de idade.

Os participantes están a realizar labores de apoio en actividades de interese xeral para a cidadanía larachesa. Están relacionas cos ámbitos social, educativo, deportivo, cultural, medioambiental, promoción do benestar das persoas maiores e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No desenvolvemento deses traballos, os voluntarios están baixo a supervisión de técnicos especializados nas diferentes materias.

Campaña de vacinación

Comezaron a cooperar co centro de saúde da Laracha na campaña de vacinación da gripe. Comenzó nesta semana e concluirá a finais de ano. Durante os próximos meses, os voluntarios deste programa -tamén membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil- estarán a diario no centro médico. Coordinan o acceso ás instalacións das persoas que acudan, controlando o cumprimento das medidas de prevención ante a Covid-19.

Precisamente para favorecer a suas comodidades por agardar no exterior do centro de saúde para ser atendidas, o Concello instalou unha carpa na entrada principal onde os usuarios poden resgardarse da choiva.

Este programa de voluntariado é organizado co propósito fundamental de fortalecer a aprendizaxe dos mozos e reforzar os seus valores solidarios. Unha vez rematado, cada participante recibirá un certificado oficial que acreditará a súa colaboración e recoñecerá o seu valor social.

Os oito mozos asistiron días pasados a unha sesión informativa sobre voluntariado europeo impartida por persoal da Asociación Simbiose da Coruña