A Laracha desenvolve o programa de voluntariado sénior "Axúdoche"

Voluntarios do programa "Axudoche" xunto á concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e Mari Carmen Ameijeiras, técnica de servizos sociais
Voluntarios do programa "Axudoche" xunto á concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e Mari Carmen Ameijeiras, técnica de servizos sociais

"Axúdoche" está organizado polo Concello coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude

O Concello ten en marcha desde o pasado mes de setembro o programa de voluntariado sénior "Axúdoche". Se realiza por primeira vez na Laracha coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Están a participar persoas maiores de 55 anos de idade que colaboran en diversas iniciativas en beneficio de colectivos de poboación vulnerable ou en risco de exclusión. Entre ditas actividades están o acompañamento social e emocional, cooperación en trámites da vida diaria, respiro familiar, etc.

Este programa encerra un gran potencial en materia de axuda mutua. Pretende lograr unha maior implicación e integración na comunidade dos voluntarios sénior cos obxectivos de promovelo na Laracha. Tamén, aposta por romper cos prexuízos e estereotipos da participación das persoas maiores despois das moitas iniciativas realizadas nos últimos anos para o voluntariado xuvenil.

"Axúdoche" trata de contribuír ao envellecemento activo, aproveitar o coñecemento e a experiencia das persoas maiores para a realización de actividades de interese social. En definitiva, potencia a solidariedade e implicación da veciñanza en programas que melloran o benestar social e a calidade de vida dos laracheses.

Nota: Na imaxe, dous voluntarios que participan no programa xunto á concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e Mari Carmen Ameijeiras, técnica de servizos sociais.