Turismo, espazos naturais e vida saudable en "A Laracha Activa"

Presentación do proxecto "A Laracha Activa" na Casa da Cultura

"A Laracha Activa" inclúe sete rutas de senderismo e bicicleta de montaña

O alcalde, José Manuel López Varela, presentou este mediodía o programa "A Laracha Activa". A iniciativa é promovida polo Concello inclúe sete rutas para realizar a pé ou en bicicleta de montaña, Ademáis, poderán realizarse de forma autoguiada a través da aplicación para smartphones Wikiloc.

O rexedor municipal explicou que o proxecto foi posible grazas á coordinación entre os departamentos de Turismo, Deporte e Cultura. De feito, puxo de manifesto que os propósitos son “dinamizar o sector turístico modernizando a oferta municipal empregando as novas tecnoloxías". Así mesmo,faló do valor aproveitar o potencial "dos fermosos espazos naturais que temos no Concello". "A Laracha Activa" impulsa tamén os estilos de vida saudables a través da práctica da actividade física.

Os sete itinerarios propostos

  • Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. 12,3 km e dificultade media. Con inicio na Praza do Concello e fin na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percórrense antigos camiños de peregrinación ata o santuario dos Milagres.
  • Ruta 360º Á Laracha. Con 17,9 km e dificultade media. Esta ruta circular ten principio e fin na Praza do Concello. Discorre polas parroquias de Torás, Vilaño, Golmar, Soutullo, Coiro e Soandres. Ten o seu punto máis alto a metade de percorrido no miradoiro de Santa Marta, desde o que se obtén unha espectacular vista panorámica.
  • O vibrar do río Anllóns. 12,7 km e dificultade media. Inicio e fin na praza Olonne Sur Mer da Laracha. Permite coñecer recursos de valor etnográfico e arqueolóxico. Atoparemos cos muíños do Formigueiro e As Fervenzas e chegaremos ata o Castro de Montes Claros.
  • Ruta da muiñeira a ritmo do río Acheiro. 4,3 km e dificultade baixa. Inicio e fin no Museo dos Muíños de Golmar. Discorre xunto ao Acheiro e ao longo do percorrido poderanse contemplar freixas e varios restos de muíños.
  • As pegadas do Bradoso. Ruta circular de 7,1 km e dificultade media. Con inicio e fin na escola unitaria de Cumiáns. Percorre un sector do río onde se concentran nove muíños de auga. Destaca tamén a variedade de especies de flora de bosque de ribeira.
  • O sentir de Soandres. 15,9 km e dificultade baixa, con inicio e fin no mosteiro de San Pedro de Soandres. Pasarase pola ladeira do coto de Pedrouzo, onde nace o río Anllóns. Ao longo do percorrido coñecerase a riqueza arqueolóxica da zona. Se sitúan elementos como o dolmen Forno Dos Mouros, a pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira. Tamén diferentes penedos graníticos de gran tamaño.

Colaboración para facelo realidade

Na presentación, o alcalde lembrou que todas estas rutas xa se realizaron nos últimos anos a través de programas municipais con gran éxito de participación. Agora facilítase a posibilidade de que calquera persoa, turistas e laracheses, poida facelas de xeito independente. Neste punto agradeceu tanto ao club ciclista Laracha en Dúas Rodas como de xeito individual a Abel Matos e Anxo García pola colaboración..

Pola súa parte, Guti Martín, da empresa Sherpa Project que planificou e deseñou "A Laracha Activa", referiuse a esta iniciativa como un “programa aberto”. A proposta agarda, sumar máis rutas durante os próximos anos. De feito, explicou que o logotipo ten trece frechas precisamente para simbolizar as trece parroquias do termo municipal. As sete rutas presentadas hoxe xa están dispoñibles en Wikiloc e tamén terán un apartado específico na web municipal de turismo. Ademais, o Concello editou folletos informativos que están a disposición da cidadanía na Casa Consistorial e na oficina de turismo de Caión.

Inicio da presentación na Casa da Cultura da Laracha
A presentación contó coa presencia de representantes do Psoe e Bng local e entidades especialistas en senderismo e natureza