Premio para o CEIP de Caión

Momento da entrega do premio ao CEIP de Caión
Momento da entrega do premio ao CEIP de Caión

O centro educativo de Caión sumouse á iniciativa #Pilabot que impulsa a Xunta de Galicia

O CEIP de Caión obtivo o segundo premio no concurso de recollida de pilas #Pilabot no que participaron 150 colexios da provincia da Coruña. Lográrono tras recoller 1.531,40 kilogramos de pilas, cunha media de 46,41 kg por persoa. O director do centro, José Roca, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu o diploma. Os encargados de entregala foi o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, e o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana. Ademáis, o premio irá acompañado dunha recompensa económica de 1.250 euros que se destinará á organización de actividades e á renovación do equipamento de xogos.

#Pilabot é unha iniciativa que impulsa a Xunta de Galicia para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe. Faino a través dun concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre colexios de Primaria e Secundaria de toda Galicia.