"Outono de contos" para promocionar a lectura

A actividade de contos pretende fomentar a lectura entre os máis pequenos na casa
A actividade de contos pretende fomentar a lectura entre os máis pequenos na casa

Os contos teatralizados van dirixidos ao público infantil e realizaranse en diferentes localizacións do termo municipal

O Concello da Laracha porá en marcha a próima semana un novo programa infantil baixo o nome de "Outono de contos". Ten por obxectivo ofrecer aos nenos unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio e favorecer a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais. Pero ademáis, o aspecto central e fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa.

Esta nova edición volverase organizar coa colaboración da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta monto para a Rede de Bibliotecas de Galicia. Como medida de seguridade, é obrigatorio o uso de máscara para todos os asistentes. Cada neno poderá ir acompañado unicamente dun adulto. A entrada é gratuíta ata completar o aforo máximo permitido.

Relación de datas, espectáculos e lugares de celebración

Biblioteca municipal da Laracha

  • 14 de setembro ás 18:00 h: “Nova maxia para todxs”, de Pedro Bugarín.
  • 3 de outubro ás 12:00 h (contacontos para bebés de 0 a 3 anos): “Os tres porquiños”, de Migallas Teatro.
  • 14 de outubro ás 18:00 h: “Contos dos ratos de Lonxedetodo”, de Trinke Trinke Teatro.

Biblioteca municipal de Caión

  • 9 de setembro ás 18:00 h (incruído no programa “Rueiros da Vila”): “Mirando ao ceo”, de Charo Pita.
  • 28 de setembro ás 18:00 h: “Museo Científico”, obradoiro impartido por Ciencia en Movemento.
  • 7 de outubro ás 18:00 h: “Feiras das linguas”, de Lydia Botana.

Biblioteca municipal de Paiosaco

  • 23 de setembro ás 18:00 h: “Coas mans na masa”, de Caxoto.
  • 5 de outubro ás 18:00 h: “Naturizo e o espírito do bosque”, de Migallas Teatro
  • 22 de outubro ás 18:00 h: “Robótica na biblioteca”, de Átomos.

Museo dos Muíños de Golmar