Obradoiros sobre como utilizar o teléfono móbil para maiores de 55 anos

Os obradorios impartiranse durantes los próximos meses do ano
Os obradorios impartiranse durantes los próximos meses do ano

Impartiranse gratuitamente nas trece parroquias do municipio e a inscrición aos obradoiros abre mañá

O Concello abrirá o mércores 16 o prazo de inscrición para os obradoiros sobre o manexo dos teléfonos móbiles intelixentes. A actividade va dirixida a persoas maiores de 55 anos de idade e impartirase nas trece parroquias do municipio.

Esta iniciativa lévase a cabo co propósito de achegar ao mundo das tecnoloxías ao público adulto e ao colectivo da terceira idade. O obxetivo é que poidan sacar o máximo proveito dos seus smartphones e das aplicacións que lles resulten útiles para a súa vida cotiá. Iso inclúe a realización de trámites coas administracións, solicitar citas médicas, diversificar o tempo de ocio ou optimizar a relación e comunicación co entorno. En definitiva, trátase de reducir a brecha dixital e que cada asistente aprenda a desenvolver actividades básicas no seu móbil para que coñeza as posibilidades que ofrece. Trátase de incorporar a tecnoloxía á súa vida e adaptala ás necesidades para potenciar a autonomía persoal e aumentar a calidade de vida.

Cada obradoiro constará de catro sesións de hora e media de duración cada unha a impartir en horario de 9:45 a 11:15. A relación de parroquias e datas nas que se levarán a cabo é a seguinte:

  • Vilaño, centro sociocultural: días 3, 7, 9 e 11 de marzo.
  • Golmar, museo dos muíños: días 4, 8, 10 e 14 de marzo.
  • Caión, centro social, antiga reitoral: días 15, 17, 21 e 23 de marzo.
  • Lendo: días 16, 18, 22, e 24 de marzo.
  • Soandres, escola da Fraga: días 25, 28, 30 de marzo e 1 de abril.
  • Erboedo: días 29 e 31 de marzo, 5 e 7 de abril
  • Montemaior, escola de Cumiáns: días 4, 6, 8 e 11 de abril.
  • Cabovilaño: días 18, 20, 22, e 25 de abril.
  • Soutullo: días 19, 21, 26, e 28 de abril.
  • Coiro: días 27 e 29 de abril, 2 e 4 de maio
  • A Laracha (1ª quenda), servizos múltiples: días 3, 5, 9 e 11 de maio
  • A Laracha (1ª quenda), servizos múltiples: días 19, 23, 25, e 27 de maio.
  • Lemaio: días 6, 10, 12 e 16 de maio.
  • Paiosaco (1ª quenda), centro sociocultural: 13, 18, 20 e 24 de maio.
  • Paiosaco (1ª quenda), centro sociocultural: 26 e 30 maio , 1 e 3 xuño.

Envellecemento activo

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse no departamento de Servizos Sociais acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981 612811. Estes obradoiros sobre o emprego do teléfono móbil forman parte da programación municipal de actividades de envellecemento activo para maiores de 55 anos. Lembramos que tamén se organizan os cursos de alfabetización e memoria que se están a realizar desde o pasado mes de novembro en sesións semanais na Laracha, Paiosaco e Montemaior. Ao longo deste ano o Concello ten previsto poñer en marcha outras propostas como obradoiros de autocoidado e de ocio e tempo libre, así como un voluntariado sénior.

Todas as fechas e lugares dos obradoiros no concello da Laracha