Comenzo da Liga Atlántica de Billarda 2022/23

Comenzo da Liga Atlántica de Billarda 2022/23 no Concello de Arteixo

A Liga Atlántica Zona Noroeste iniciou a tempada no campo Ponte dos Brozos de Arteixo

A Liga Atlántica de Billarda 2022/23 da Zona Noroeste retomou a súa actividade o fin de semana. Foi no campo de fútbol "Ponte dos Brozos" do Concello de Arteixo. Cincoenta  palanadoras e palanadores xogaron a xornada  inaugural. Volveronse encontrar os equipos con os seus novos fichaxes. Un deles foi Xose Collazo quen trocou a camisola de Campo da Feira pola de APB da Laracha. Os resultados finais foron os seguintes:

Categoría feminina

  • Campioa: Lucia (Lua de Forza-Sanxenxo). 
  • Subcampioa: Raquel (Cochiqueiros-Cerceda) 
  • Terceira clasificada: Mercedes( APB-A Laracha)

Categoría infantil

  • Campión: Kevin (APB-A Laracha)
  • Subcampión: Aleixo( Cochiqueiros-Cerceda)
  • Terceiro clasificado:Roi (Apb-A Laracha) 

Categoría absoluta

  • Campión:Lito (APB-A Laracha)
  • Subcampión: Xose Collazo (APB-A Laracha)
  • Terceiro clasificado: Jose Gandara (Filloas de Sangue-A Coruña)

Equipos

  • Campión: APB-A Laracha. 
  • Subcampión:Campo da Feira -Paiosaco
  • Terceiro clasificado: Lua de Forza (Sanxenxo)

Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao Concello de Arteixo e á súa Concellaría de Deportes polos medios dos que dispuxemos para que este evento deportivo. Houbo agasallos e trofeos para os gañadores e para todas e todos os participantes.