Gañadores do concurso de disfrases "Entroido na casa"

Unha imaxe participante do concurso de Entroido na Laracha
Unha imaxe participante do concurso de Entroido na Laracha

No concurso de Facebook recibíronse máis de 5.500 votacións e o xurado valorou creatividade, orixinalidade e posta en escena

Hoxe concluíu o concurso de disfraces que organizou o Concello para festexar de maneira virtual o Entroido. No seu momento se convidara a participar a todas as persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. Finalmente entre todas as categorías do concurso repartíronse 2.450 euros en premios.

No certame a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha recibíronse máis de 5.500 votos entre todos os participantes. Ademais, na outra modalidade do concurso, o xurado valorou aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal. Nos próximos días o Concello porase en contacto cos premiados para informarlles sobre o procedemento de abono dos galardóns. As fotos de todos os participantes están subidas á páxina de Facebook do Concello.

CATEGORÍA/MODALIDADEPREMIADOS FACEBOOKPREMIADOS XURADO
 INDIVIDUAL INFANTIL1. Carmucha 277 gústames / 60 euros. 2. Ourizo de Caión 201 gústames / 50 euros. 3. Peliqueiro de Caión 148 gústames) / 40 euros.  1. Ourizo de Caión 60 euros. 2. Tachi 50 euros. 3. Carmucha 40 euros.  
   INDIVIDUAL ADULTO1. Bella y Bestia 372 gústames / 60 euros. 2. A raíña de cartón 306 gústames / 50 euros. 3. A vella americana 70 gústames / 40 euros.  1. A raíña de cartón 60 euros. 2. Bella y Bestia 50 euros. 3. A vella americana 40 euros.  
    PARELLAS1. Os Grease galegos 475 gústames / 75 euros. 2. Frozen e Olaf 377 gústames / 60 euros. 3. Cruela saca o can 369 gústames / 50 euros.  1. Non ós caixeiros, si ás persoas 75 euros. 2. Cruela saca o can 60 euros. 3. Os Grease galegos 50 euros.  
      GRUPOS1. Locas Mías 282 gústames / 150 euros. 2. Súper Familia 175 gústames / 100 euros. 3. O granxeiro 154 gústames / 75 euros.  1. Locas Mías 150 euros. 2. Os Chorlequíns 100 euros. 3. Equipo Alpine 75 euros.  
    COMPARSAS1. Familia Picapiedra 367 gústames / 250 euros. 2. Vilaño, comuniones todo el año 187 gústames / 150 euros.  1. Familia Picapiedra 250 euros. 2. Vilaño, comuniones todo el año 150 euros.  
Listaxe dos gañadores e seus categorías