Gañadores do concurso "Entroido na cas"

Pastores no Entroido da Laracha
Pastores no Entroido da Laracha

O Concello da Laracha reparte preto de 1.400 euros no concurso virtual do entroido

Concluíu o concurso de disfraces que organizou o Concello para festexar un "Entroido na casa". Se convidara a participar a todas as persoas empadroadas no termo municipal e repartir premios por un total de 1.390 euros.

No certame a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha recibíronse preto de 15.000 votos entre todos os participantes. Ademais, na outra modalidade do concurso, o xurado valorou aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal. A próxima semana o Concello porase en contacto cos premiados, que foron os seguintes:

Concurso en Facebook

  • Categoría individual infantil:
  • O Barredor (955 gústames): 75 euros.
  • Mani Granjero (692 gústames): 60 euros.
  • Confinamento Pirata (522 gústames): 50 euros.
  • Categoría individual adulto:
  • A Sombreireira Loca (495 gústames): 75 euros.
  • Payasa (445 gústames): 60 euros.
  • Niña del exorcista (421 gústames): 50 euros.
  • Categoría Familiar:
  • Pastores cos seus animais (1.411 gústames): 150 euros.
  • Miña nai non me fai caso (1.376 gústames): 100 euros.
  • Vikingas al poder (556 gústames): 75 euros.

Concurso con xurado

  • Categoría individual infantil:
  • A Cepa Brasileña do Covid: 75 euros.
  • Martín S.L.: 60 euros.
  • Mini Granjero: 50 euros.
  • Categoría individual adulto:
  • O Paiaso Jrande: 75 euros.
  • A Sombreireira Loca: 60 euros.
  • Popcorn: 50 euros.
  • Categoría Familiar:
  • Carnaval 2021 en Punta Cama: 150 euros.
  • Ti de Ke Baskf: 100 euros.
  • Almaques: 75 euros.