José Iglesias Fraga, vecino de Soandres, cumpriu 101 anos

Sentados, José Iglesias a súa muller Dorinda. De pé, xunto a Mari Carmen - unha das fillas do matrimonio-, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e D. Manuel Mallo, cura da parroquia de Soandres
Sentados, José Iglesias a súa muller Dorinda. De pé, xunto a Mari Carmen - unha das fillas do matrimonio-, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e D. Manuel Mallo, cura da parroquia de Soandres

Reside no lugar de Portodoso, Soandres, na mesma vivenda na que naceu

José Iglesias Fraga, veciño do lugar de Portodoso, na parroquia de Soandres, cumpriu o luns 2 de novembro, os 101 anos de idade. É unha das catro persoas con máis dun século de vida residentes no termo municipal da Laracha e o único varón centenario, xa que as outras tres son mulleres.

José vive coa súa esposa Dorinda Fraga de 96 anos de idade e coa que fixo 75 anos de matrimonio no pasado mes de xaneiro. Tamén co seu irmán Nemesio, a súa filla Mari Carmen e o seu xenro Pepe. Residen na mesma vivenda na que naceu José hai 101 anos e na que tamén nacera a súa nai.

José, que se dedicou toda a vida á agricultura e que se atopa nun bo estado de saúde, ten tres fillos, sete netos e dous bisnetos. Non puido festexar o aniversario coa su familia debido ás medidas en vigor sobre a limitación dos grupos de persoas e restrición da mobilidade. O alcalde, en nome da Corporación municipal, agasallouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.