Corte de subministro de auga o martes 8

Mellora de suministro de auga en cabovilaño, A Laracha
Mellora de suministro de auga en cabovilaño, A Laracha

Viaqua informa do corte de auga en varias vías da Laracha e núcleos da parroquia de Torás

Con motivo das obras de mellora na rede de distribución de auga que se están a realizar na confluencia da Avenida Fisterra coa Avenida de Caión, xunto á Praza do Concello, Viaqua –a empresa concesionaria do servizo- informa do corte do subministro. Os traballos serán en determinadas rúas do casco urbano da Laracha e en varios núcleos de poboación da parroquia de Torás o próximo martes, día 8 de xuño, desde as 9:00 horas e, previsiblemente, ata as 17:00 horas.

As zonas afectadas por esta circunstancia son:

  • Avenida de Caión.
  • Avda. Fisterra (soamente os edificios números partes do 38 ao 46).
  • Rúa Silverio Moreda.
  • Rúa Río Anllóns.
  • Núcleo de Estramil.
  • Núcleo de A Barreira.
  • Núcleo de O Campo.
  • Núcleo de Vilasuso.
  • Núcleo de Riotorto.
  • Núcleo de Mirón.
  • Núcleo de A Gándara.