CP Conxuro organiza III Fase de Niveis Libre

Organizado polo CP Conxuro da Laracha

O Club Patinaxe Conxuro presenta a 9 das súas patinadoras

O CP Conxuro organiza a III Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe no pavillón Municipal da Laracha hoxe sábado día 8 de outubro desde as 10:00 e ata as 14:15 horas. Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.

Tomarán parte no evento trece clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP As Pontes, CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Axel, CP Alquimia, Escola Lubiáns, CPA Eiriz e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha. 

O CP Conxuro presenta a 9 das súas patinadoras:

  • Nivel 4: Iria Bustelo, Daniela Antelo, María García e Jimena Felipez
  • Nivel 5: Lara Roca
  • Nivel 6: Carla Santín e Lola Collazo
  • Niel 7: África Rodríguez