Inscricións no servizo de conciliación na Laracha durante o verán

Actividades da Aula Lúdica, un dos servizos de conciliación do Programa Harmoniza (imaxe de arquivo)
Actividades da Aula Lúdica, un dos servizos de conciliación do Programa Harmoniza (imaxe de arquivo)

As prazas para o servizo son limitadas e terán prioridade as persoas que xustifiquen a necesidade da conciliación por causas laborais ou sociofamiliares

O Concello abrió hoxe, mércores 18 de maio, a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o verán. Se prestarán a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha desde o remate do actual curso escolar e ata o comezo do próximo no mes de setembro.

O servizo estará en funcionamento de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo. Vai dirixido a todas as crianzas de entre 3 e 12 anos de idade que estean empadroadas no termo municipal da Laracha. Lembramos que o Programa Harmoniza recibió o Premio Alas en tus Pies 2021 na categoría `Conciliación´ entregado PEstudio Periodismo Social.

As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas que xustifiquen a necesidade da conciliación atendendo a circunstancias laborais e sociofamiliares. A preinscrición debe formalizarse entre este mércores e o día 15 de xuño. Descargar modelos de inscrición e modelos nesta ligazón.

Dúas modalidades

Ofreceranse dúas modalidades, con ou sen almorzo (servirase de 8:00 a 9:00 horas), segundo as necesidades de conciliación de cada usuario. En todo caso incluirase a acollida, coidado, vixilancia e actividades educativas e lúdicas por parte de profesionais especializados. Tamén poderá solicitarse o servizo de conciliación fixo para todos os días ou ben de maneira puntual en xornadas soltas ou en determinadas horas.