Novas vitorias para o equipo do Campo da Feira - Paiosaco

Abel, do Campo da Feira - Paiosaco, campión absoluto de Billarda
Abel, do Campo da Feira - Paiosaco, campión absoluto de Billarda

Abel e Juan Carlos Cancela nos primeiros postos da competición do fin de semana

Resultados do fin de semana con actuación dos equipos de Paiosaco en duas xornadas. O sábado en Sanxenxo e o domingo nas Somozas. Foi a novena xornada da Liga Atlántica de Billarda.

  • Campión absoluto: Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e infantil e estrella na billarda
  • Subcampión: Juan Carlos Cancela (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • Terceiro clasificado: Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo) 

Feminina

  • 1ª Lu (Lúa de Forza-Sanxenxo) 
  • 2ª Delia (Chaínzos-Cadaval (Castro de Rei)
  • 3ª Sonia (Cochiqueiros-Cerceda) 

Equipos

  • Campión: Campo da Feira-Paiosaco

Infantil

  • 1- Abel (Campo da Feira-Paiosaco)
  • 2- Paula (Billardeiros Musicais-Ribadeo)
  • 3- Sergio (Billardeiros Musicais-Ribadeo)

Na xornada da Liga de Billarda correspondente á Conferencia Rías Baixas, salientar a magnífica actuación de Juan Carlos Cancela (Campo da Feira-Paiosaco) que acadou o segundo posto na xeral, así como o primeiro posto de Abel Ponte na categoría infantil e como non, tamén a boísima actuación do equipo Campo da Feira-Paiosaco, a pesare de non ser unha das súas mellores xornadas.