Reanudaranse o 1 de febreiro as actividades culturais e deportivas

Imaxe do programa municipal de actividades

Cumpriranse os protocolos de prevención de contaxios establecidos pola Xunta de Galicia en todas as actividades

O Concello reanudará as actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2021-2022 o martes da próxima semana, día 1 de febreiro. Lembramos que a principios de xaneiro, coincidindo co maior incremento nas cifras de contaxios de coronavirus no termo municipal, o Concello acordara aprazar sua volta despois das festas de Nadal. Agora reanundanse xa que os datos reflicten un descenso na transmisión da enfermidade. Pódese ver o programa completo neste enlace.

No caso das actividades para nenos, retómanse:

  • fútbol sala
  • informática
  • manualidades e debuxo
  • patinaxe
  • robótica e gaming
  • teatro
  • voleibol
  • xadrez
  • zumba kids
  • ademais, comezarán as de peque cociña e tiro con arco

Para persoas adultas regresan:

  • aeróbic
  • encaixe de palillos
  • informática
  • ioga
  • abores de tecido
  • memoria e alfabetización
  • restauración e tapicería
  • pilates e ximnasia de mantemento
  • e principia bailes latinos

O comezo dos cursos de iniciación a internet e emprego do paquete Office queda adiado ata o mes de marzo, unha vez estea rematado o curso de iniciación á informática que se viña impartindo desde novembro e que non será posible rematar en xaneiro como estaba inicialmente previsto. A pesar das especiais circunstancias, o programa municipal de actividades está a ter un rotundo éxito de participación, contando con máis de mil persoas inscritas.

Imaxe do programa municipal de actividades