Primeira acción formativa de Atención Sociosanitaria do Concello

Primeira acción formativa de Atención Sociosanitaria.

Primeira acción formativa de Atención Sociosanitaria que imparte o Concello.

Despois de acadar a homologación do centro e aula da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con certificado de profesionalidade póñese en marcha a primeira edición.

Así, a posibilidade de ter este centro e aula homologados para impartir o curso con certificado de profesionalidade é de gran importancia. Pois é un dos poucos homologados da comarca de Bergantiños e un dos cursos con maior porcentaxe de inserción laboral na actualidade.

Ademais o 15 de marzo comezou o curso, nos que 15 persoas desempregadas se formarán na especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cunha previsión de inserción laboral do 100%.

É mais, este é un curso complexo e intenso no que o alumnado se formará durante o período que vai do 15 de marzo ata o 20 de xullo. Serán xornadas de cinco horas de formación teórica e práctica aprendendo todos os contidos do certificado de profesionalidade. Dende o Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional ata o Apoio psicosocial, e atención relacional e comunicativa en institucións.

Tamén, tódolos módulos, contarán cunha proba de avaliación que determinará se o alumnado supera dito módulo.

Polo tanto é importante reseñar que para demostrar o aprendido na aula homologada o alumnado realizará prácticas reais en institucións públicas dependentes do Consorcio Galego de igualdade da Xunta.

As prácticas reais faranse ao longo do mes de xullo grazas a un convenio de colaboración.