Entregados os premios aos gañadores de "A Laracha no Obxetivo"

Gañadores do concurso de fotografías "A Laracha no Obxetivo"
Gañadores do concurso de fotografías "A Laracha no Obxetivo"

Na modalidade “Xeral” o primeiro premio será imaxe da felicitación de Nadal do Concello da Laracha

José Manuel López Varela, alcalde do concello, e a concelleira de Cultura e Turismo, Patricia Bello, fixeron entrega dos premios da primeira edición do concurso fotográfico A Laracha no Obxectivo. A inicitiva foi dotada cun total de 1.150 euros. Cada galardoado, ademais da gratificación económica, tamén recibiu unha copia impresa en cartón pluma da súa fotografía gañadora.

Na modalidade “Xeral” o primeiro premio (dotado con 500 euros) foi para Lúa chea polo santuario dos Milagres, de Antonio Fernández. A imaxe mostra o satélite sobre o campanario da capela. Ao atoparse o autor fóra de Galicia, recolleu o premio Mabel Varela, que leu un comunicado escrito polo gañador no que explicou o proceso de varios meses que levou a cabo para tomar a foto. Tamén quixo agradecer ao Concello pola iniciativa, que permite “poñer en valor todo o potencial turístico do municipio”. O alcalde avanzou que esa imaxe será empregada polo Concello para a felicitación de Nadal institucional deste ano.

No segundo posto (300 euros) acadou Estrelas de Caión, unha panorámica da vila feita por Iván Gómez Costa. O terceiro premio (150 euros) outorgouse a Agarimos á nosa costa, instantánea de Samuel López tomada cun dron  e centrada na praia do Caracoleiro. Na modalidade “Redes Sociais” a imaxe gañadora foi Excepción, de Laura Liset Valdés González, unha posta de sol sobre o mar da praia de Caión. O premio é de 200 euros.

O alcalde e a concelleira de Cultura e Turismo, Patricia Bello, fixeron entrega dos premios da primeira edición do concurso