Primeiras medidas para a recuperación social

Primer bloque de medidas da Xunta de Galicia para a recuperación social

O Executivo galego ven de aprobar o primeiro bloque de medidas do Plan de recuperación social.

Nesta líña de recuperación a achega é de 38 millóns de euros para os fogares máis vulnerables de Galicia. Desde esta semana se activa este primeiro bloque.

A primeira medida é o lanzamento dunha tarxeta moedeiro. Preto de 30.000 familias que carecen de emprego ou ingresos fixos e que non accederon aínda a unha renda social, poden adquirir produtos de primeira necesidade, tanto de alimentación como de hixiene e farmacia.

Como resultado as tarxetas son recargables e a súa contía aboarase en tres cotas -unha ao mes- e o seu importe total dependerá do número de membros da unidade familiar:

  • 450 euros para as persoas que viven soas;
  • 600 euros para familias de dous membros;
  • e 900 euros para familias de tres ou máis membros

Menú solidario e máis Servizo de Axuda no Fogar

Ademais a segunda medida é o menú solidario. Esta iniciativa é destinada a 20.000 persoas, ás que se lles cofinanciará o menú nos establecementos hostaleiros da comunidade autónoma, e que se articulará tamén a través dunha tarxeta moedeiro, que irá precargada con 30 menús. En total van financiarse 600.000 menús solidarios. Salientar que os establecementos que se adhiran a esta medida comprométense a ofrecer un menú do día a un prezo fixado de 8 euros, dos que a Xunta financiará 5 euros e o beneficiario 3. Por exemplo, esta iniciativa está destinada ás persoas con ingresos mensuais inferiores a 710 euros (un adulto); a 1066 euros (dous adultos); ou a 1492 euros (tres ou máis adultos).

Entonces en terceiro lugar, a recuperación social contempla a extensión do Xantar na casa a 2.000 persoas, un 40% máis das que o recibían antes da emerxencia sanitaria:1.440 persoas. Y en coarto lugar o Servizo de Axuda no Fogar ten un incremento do 50%.

Aclarar que en quinto lugar está o incremento nun 50% da partida orzamentaria destinada ás Axudas de Inclusión Social, de 3 a 4,5 millóns de euros anuais, e que chegará a 1.100 persoas máis cada ano, para gastos de alimentación, roupa, gafas, dentista, próteses ou calquera outra dificultade sobrevida das familias.

Por último, o Plan de recuperación social incorpora unha orde especial de axudas para as entidades de iniciativa social, que “fixeron un esforzo extraordinario”, cun apoio de 1,5 millóns de euros: os albergues; cociñas económicas e comedores sociais; centros de atención social continuada; centros de acollida; e centros de inclusión, nos que se ofrecen servizos de hixiene ou calor e café.