Curso sobre coidados a persoas con dano cerebral

Capacitación sobre dano cerebral no Obradoiro de Emprego A Laracha VII

Alumnas do Obradoiro de Emprego da Laracha reciben formación sobre atención no fogar a persoas con dano cerebral

As alumnas da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes realizan un curso de atención no fogar de persoas con dano cerebral. Impartido pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) a duración alcanzó as 8 horas. Á fronte do curso estiveron unha técnica de formación, a traballadora social de FEGADACE e a terapeuta ocupacional da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO). Traballaron aspectos como:

  • detección do dano cerebral
  • pautas para avaliar a evolución da persoa afectada
  • habilidades comunicativas
  • transferencias e cambios posturais, hixiene e curas
  • acompañamento no tempo libre e actividades de lecer, entre outros

Esta formación complementa a que xa recibiron dentro do Obradoiro de emprego A Laracha VII para a obtención do certificado de profesionalidade. Esta semana o grupo de alumnas traballadoras inician a terceira e última quenda de prácticas en centros de día e residenciais da:

De maneira paralela, dentro do Obradoiro de emprego A Laracha VII, a especialidade de Pintura industrial en construción continúa cos traballos de mellora de edificios públicos da Laracha, como fixeron no pavillón municipal e no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco.

Este programa dual de formación e emprego é organizado e financiado grazas á cooperación entre o Concello da Laracha e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.