Os casos por covid-19 baixan en Galicia

Contorna rural dos concello de Galicia

Os casos por covid-19 baixan en Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187:

  • 771 son da área da Coruña,
  • 222 da de Lugo,
    613 da de Ourense,
  • 186 da de Pontevedra,
  • 773 da área de Vigo,
  • 475 da de Santiago, e
  • 147 da de Ferrol.

Ademais do total de casos por covid positivos: 36 permanecen en UCI; 255 están en unidades de hospitalización; e 2.896 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas, rexistrándose 563 falecementos. Eo número de PCR realizadas é de 103.116.

Recomendacións

Por outra banda, os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade. Lembran que aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano - preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.