202.990 casos en España, 6.704 en Galicia

Na xornada do xoves 23 de abril non se rexistraron falecementos en centros residenciais

202.990 casos en España, 6.704 en Galicia. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informan na última actualización que o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704. Frente a los más de 200 mil casos en España:

  • 1.584 son da área da Coruña,
  • 647 da de Lugo,
  • 1.302 da de Ourense,
  • 550 da de Pontevedra,
  • 1.169 da área de Vigo,
  • 1.065 da de Santiago,
  • e 387 da de Ferrol

Tamén informan que do total de pacientes positivos: 87 permanecen en UCI, 531 están en unidades de
hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos. O número de PCR realizadas é de 78.822.

Neste sentido, a Xunta de Galicia continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade. Tamén mantén o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.

Por outra banda, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes.

Destacar tamén que na xornada de onte xoves 24 de abril non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

Ademais a consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.