Xornada micolóxica na Laracha o domingo 7

Xornada de micoloxía no Concello da Laracha
Xornada de micoloxía no Concello da Laracha

Baixo a organización do Concello e dos expertos micólogos celébrase as 8ª xornadas "As setas da Laracha"

O Concello organiza a oitava edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha que se celebrará o domingo día 7 de novembro. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración cos expertos na materia Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 10:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 13:00 horas regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos. A xornada finaliza cunha charla micolóxica.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha ábrese hoxe venres 29 de outubro. Apuntarse é gratuíto e pode facer en liña cubrindo o formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais, ou tamén acudindo ao Concello. A proposta vai dirixida a todos os públicos.