Caión estrea o ciclo "Teatro con salitre" con tres funcións

Ciclo "Teatro con salitres" en Caión durante tres venres de marzo

Os venres 11, 18 e 25 a partir das 21:00 horas no centro sociocomunitario de Caión y con entrada gratuíta

A vila de Caión estreará a próxima semana o seu primeiro ciclo de teatro. Se desenvolverá nas instalacións do centro sociocomunitario baixo a título "Teatro con salitre". O programa constará de tres funcións que terán lugar nos próximos tres venres, sempre a partir das 21:00 horas e con entrada gratuíta para o público.

  • 11 de marzo: Asinaria, unha versión da comedia clásica de Plauto a cargo de Corzo Producciones. A obra está dirixida ao público adulto e adolescente (maiores de 14 anos de idade)
  • 18 de marzo: Crime desorganizado, da Agrupación Teatral Mariñán ATM.Trátase dunha comedia policiaca na que se investiga un asasinato cun desenlace irónico.
  • 25 de marzo: Operación coroa, da Asociación Cultural Faíscas. É unha comedia na que un grupo de mulleres aproveitan a visita da raíña de Inglaterra para dar un golpe.

Do mesmo xeito que na Laracha cos Venres Teatrais do mes de novembro e en Paiosaco coa Primavera Teatral de abril, o Concello aposta pola organización deste novo ciclo en Caión. A recente apertura do centro sociocomunitario permite a organización na vila deste tipo de iniciativas culturais ao dispoñer dos espazos e equipamentos necesarios.