Alumnos do obradoiro de emprego renovan o exterior do antigo matadoiro municipal

Traballos do obradoiro de emprego no antigo matadero municipal

As actuacións son realizadas polos integrantes do obradoiro da especialidade de Pintura industrial en construción

A especialidade de Pintura industrial en construción do obradoiro de emprego A Laracha VII está a renovar o exterior do edificio do antigo matadoiro municipal. Na actualidade funciona como almacén a disposición do Concello.

Os traballos principiaron coa limpeza integral das fachadas do inmoble e o selado das fisuras e gretas que presentaba. A continuación, na fase actualmente en execución estase aplicando a pintura. Tamén se realizan as oportunas reparacións dos portais e as reixas das ventás.

Esta será a última actuación que realizará a especialidade de Pintura industrial en construción do Obradoiro de Emprego A Laracha VII. O xoves 28 de xullo conclue o programa impulsado polo Concello e a Xunta de Galicia. Antes, como complemento a unha das unidades formativas, o alumnado realizarán unha visita formativa a unha empresa especializada na fabricación e venta de mobiliario de metacrilato, latón, aceiro e ferro.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, acudiron ao lugar das actuacións. Alí mantiveron unha reunión coa directora, o mestre da especialidade e o alumnado traballador.