Roubo de xogos do parque infantil na área de Gabenlle

Roubo no parque infantil o pasado fin de semana
Roubo no parque infantil o pasado fin de semana

O concello denuncia o roubo da área recreativa e danos na fonte do espazo de recreo canino

O Concello da Laracha denuncia publicamente o roubo dun dos xogos do parque infantil situado máis próximo á entrada principal á área recreativa de Gabenlle. Durante a pasada fin de semana desapareceu dese equipamento o columpio cesta. A Policía Local abriu a correspondente investigación e procedeu a acordoar ese espazo para advertir da circunstancia.

Así mesmo, a área de recreo canino sufriu un acto vandálico. Supuxo a rotura da fonte de auga que está a disposición dos usuarios deste equipamento municipal. O espazo foi recentemente aberto ao público e xa fora obxecto do roubo de parte do seu valado perimetral.

Desde o concello lamentan estes sucesos, tanto polo custe económico como por tratarse de actos que perturban a tranquilidade dos veciños. Especialmente das persoas usuarias de ambos equipamentos.