Mellora da rede viaria en doce estradas rurais do Concello da Laracha

Traballos na rede viaria das parroquias da Laracha
Traballos na rede viaria das parroquias da Laracha

As obras da rede viaria están practicamente rematadas e supuxo un investimento superior aos 181.000 euros

A execución do proxecto de mellora da rede viaria en doce estradas das parroquias de Cabovilaño, Coiro, Lemaio e Vilaño está practicamente rematada. Falta acometer actuacións menores de sinalización e albanelería que se levarán a cabo, previsiblemente, a próxima semana.

En total, a través deste proxecto o Concello mellorou tres quilómetros e medio de lonxitude da rede viaria municipal no ámbito rural. Así, na parroquia de Cabovilaño actuouse na estrada entre os núcleos da Fraga e A Barreira e nos lugares de Arén e Xeriz.

En Coiro realizouse a obra máis ampla en dúas vías, a que comunica O Coto con O Rapadoiro e a que enlaza Novás e Gudís. Lemaio ve melloradas as comunicacións rodadas entre os lugares de A Fraga e Tuixe e A Xesteira e O Ramo. Tamén se actuou en dous camiños no Igrexario. E en Vilaño a intervención centrouse en tres vías do lugar de Marfulo. A execución do proxecto supuxo un investimento total superior aos 181.000 euros.

Outros proxectos rematados

A execución dos proxectos de mellora da rede viaria nos núcleos de A Gándara (parroquia de Torás), A Pedreira (Caión) e Santa Baia (Soandres) entrou na súa fase final. Nos tres puntos de intervención xa se realizou a renovación do pavimento. En total, las obras do Concello da Laracha, dotouse cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Ela facilitará a circulación dos vehículos, a unha lonxitude lineal próxima aos mil metros. As obras remataron co pintado das marcas viarias tanto en A Gándara como en A Pedreira. Este proxecto na rede viaria está valorado en preto de 88.000 euros.