Amplían rede de abastecemento na parroquia de Coiro

Zona das obras na rede de abastecemento en Coiro, A Laracha
Zona das obras na rede de abastecemento en Coiro, A Laracha

Para dar cobertura na redes de abastecemento a todas as vivendas dos núcleos de A Casanova e A Ferraría

O Concello da Laracha está a executar obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Coiro. A actuación consiste na instalación soterrada dun novo tramo de traída duns 240 metros lineais de distancia. Deste xeito aumenta a cobertura do servizo ata todas as vivendas situadas nos núcleos de A Casanova e A Ferraría. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, reuníronse no lugar das actuacións co responsable da empresa construtora para interesarse polos traballos. O proxecto é financiado integramente con fondos municipais.