Dos novos proxectos de limpeza de cunetas

Novos proxectos en cunetas das parroquias da Laracha
Novos proxectos en cunetas das parroquias da Laracha

O propósito dous proxectos é mellorar as condicións, incrementar a capacidade de evacuación e reforzar a seguridade viaria

O Concello da Laracha ten en fase de execución de modo simultáneo dous proxectos de limpeza e conservación de cunetas en estradas de titularidade municipal. As actuacións melloran as condicións das vías e aumentan a súa capacidade de evacuación. Tamén, reforzan a seguridade viaria ao favorecer a drenaxe. deste xeito evitase que se xeren encharcamentos tanto nas estradas como nas propiedades limítrofes.

Os traballos inclúen a completa limpeza das cunetas, tubos e gabias, a formación do arcén e o perfilado dos noiros. Ademais, inclúe traballos de poda das polas saíntes, transporte da terra e outra materia vexetal e o desbroce e limpeza superficial do terreo desmontando. O investimento alcanza os 95.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais. Actuarase en 71 quilómetros lineais.

Núcleos de poboación

  • Montemaior: núcleos de A Panela, O Viso, Goexe, Propeste, Santa Margarida, O Canedo, A Chamusqueira, Nebrexe, As Cernadas, A Pena, A Baiuca, A Castiñeira, A Casanova, A Fieira, Vilariño, A Medorra, Casas Longas e O Igrexario.
  • Soandres: O Priorato, As Senras e Encián.
  • Coiro: Gudís, O Pazo Vello, A Painceira e O Casal do Monte.
  • Lemaio: Pedrarrubia, O Pereiro, O Igrexario, A Fraga e A Pedreira.
  • Lendo: acceso a O Bastón
  • Caión: Xermaña, A Pedreira, O Outeiro e Alvite.
  • Cabovilaño: núcleos de O Cancelo de Abaixo, A Telleira, O Igrexario, Padronelo, A Casanova e O Cuartel, e estrada entre O Feal e A Rega.
  • Erboedo: Paredes, O Piñeiro, Erboedo de Abaixo, O Igrexario, San Paio, O Campo da Ran e Reirís. 
  • Golmar: As Talladas e San Cristovo.
  • Lestón: O Cruceiro, Centulle e A Porta Santa.
  • Vilaño: Fragunde, Fornelos e Vilanova.

Precisamente este último lugar, Vilanova (parroquia de Vilaño), é unha das localizacións nas que se está a actuar nestes momentos. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro da área de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, desprazáronse ata alí.