Novidosa iniciativa na nova edición do programa "Outono de contos"

Programa outono de contos 2022 na Laracha
Programa outono de contos 2022 na Laracha

"Outono de contos" incluirá por primera vez na Laracha lecturas educativas con cans e sesións teatralizadas

‘Outono de Contos’, que o Concello da Laracha pon en marcha cada ano, incluirá cinco sesións de contacontos teatralizados unha novidosa iniciativa consistente na lectura educativa con cans.

Este programa, que se vai levar a cabo nas tres bibliotecas municipais, pretende o triplo obxectivo:

  • ofrecer aos nenos unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio
  • favorecer a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais
  • fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa

A actividade principiará o venres 30 de setembro con Xogar e aprender galego mola! A miña familia é a mellor a cargo de Gema Pardo. Será desde as 18:00 horas na biblioteca da Laracha e dirixido a nenos de entre 4 e 7 anos de idade.

O domingo 2 de outubro na Casa da Cultura da Laracha a partir das 12:00 horas ofrécese o contacontos para bebés Arrolos, de Mamá Cabra.

O venres 7 de outubro ás 18:00 horas na biblioteca de Caión Sabela Gago realizará o contacontos O señor do Castelo, dirixido a maiores de catro anos.

Para ese mesmo público tamén está pensando o espectáculo A pequena gran inventora, de Trémola Teatro, que terá lugar o venres 14 de outubro desde as 18:00 horas na biblioteca de Paiosaco.

O último dos contacontos será Toupiciencia, de A Xanela do Maxín, o venres 21 de outubro tamén a partir das 18:00 horas na biblioteca da Laracha.

Lectura educativa con cans

Ademáis, o Concello pon en marcha unha novidosa iniciativa co obxectivo de mellorar as habilidades de lectura dos nenos mediante a intervención de cans. Eles están especialmente adestrados para establecer unha conexión emocional e relacionarse co lector segundo as súas necesidades.

Vai dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos. Levarase a cabo na biblioteca de Caión (hoxe, 28 de outubro), Paiosaco (4 de novembro) e A Laracha (11 de novembro), sempre en horario de 17:30 a 19:30 horas. Dado que as prazas son limitadas, nas lecturas educativas con cans requírese de inscrición previa, que é gratuíta, na biblioteca correspondente.