Programa de Nadal da Laracha

Programa de Nadal organizado polo Concello da Laracha
Programa de Nadal organizado polo Concello da Laracha

Sete espectáculos ata o 4 de xaneiro no programa de Nadal

O Concello da Laracha presenta o programa de Nadal que estará centrado principalmente en propostas culturais dirixidas ao público infantil. Organízase coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e tamén da Deputación da Coruña.

Programa

  • 28 de decembro. Cine: A galiña Turuleca. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 29 de decembro. Teatro: Cocer e cantar, de Títeres Seisdedos. Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h.
  • 29 de decembro. Teatro: Os romeiros do caracol, de Fantoches Baj. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.
  • 30 de decembro. Teatro: Iván e o lobo gris, de Musicreques. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 4 de xaneiro. Cine: Copito de nieve. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.

En todos os casos a entrada é de balde ata completar a capacidade máxima da sala. Deberanse cumprir todas as medidas de prevención (uso de máscara, hixiene das mans, etc). En todos os eventos infantís só se permitirá o acceso de nenos sen acompañamento de adultos no interior.

Cabalgata dos Reis Magos

As especiais circunstancias sociosanitarias deste ano obrigan a modificar a tradicional cabalgata. Incluía festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís e concentración dos nenos cos Reis Magos nos tres núcleos urbanos. Nesta ocasión realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro. Deste xeito, os nenos poderán ver aos Reis Magos nas súas carrozas polas rúas tanto da zona urbana como dos principais núcleos rurais.

programa nadal Laracha
programa de Nadal do Concello da Laracha