O Bng da Laracha presenta alegacións ao parque eólico Meirama

O Bng da Laracha presenta alegacións ao parque eólico na Laracha

Trátase do quinto proxecto de parque eólico que se publica este ano e que afecta ao concello

O Bng da Laracha presenta alegacións ao parque eólico Meirama. Nesta ocasión é un proxecto que afecta os concellos da Laracha e Cerceda. Trátase de 6 aeroxeradores dos que 4 van dentro do termo municipal da Laracha e os outros dous en Cerceda, ademáis das correspondentes liñas de evacuación.

"Hai que ter en conta que este proxecto practicamente solápase con outro publicado no pasado mes de abril e ao que xa alegamos no seu momento, o Parque Coto Loureiro, quedando algúns lugares soterrados entre aeroxeradores entre un e outro proxecto (como é o caso de Silvoso e O Portodoso, en Soandres)", explica Xoán Sande Muñiz, do Bng da Laracha.

Engade ademáis que "son moitos os núcleos de poboación afectados en todos estos proxectos, que no caso de que sexan aprobados a poboación que reside nos mesmos terá moi complicado poder continúar a súa vida normal nas súas casas. Este modelo depredador, no que grandes multinacionais pretenden vir a instalar enormes torres de máis de 200 metros afectando a centos de núcleos de poboación e levar o beneficio sen deixar nada no territorio. Non só non aporta nada para fixar poboación no rural senón todo o contrario, termina botando a xente e despoboando máis o rural".

"Afectando a centos de persoas"

"Por outra banda, coñecemos estes días a setenza do TSXG que obriga a Xunta de Galiza a admitir a trámite a solicitude de autorización dun novo proxecto do Parque Eólico Pedrouzos (impulsado pola empresa Norvento). Viría tamén a solaparse con estes dous (Coto Loureiro e Meirama), inzando a serra de Montemaior de grandes muiños de máis de 200 metros e afectando os centos de persoas de Soandres, Montemaior e Golmar fundamentalmente", detalla Sande.

Con este serían xa 6 os proxectos no concello, só contando os publicados este ano e o afectado por esta sentenza:

  • Coto Loureiro, que afecta directamente as parroquias de Soandres, Montemaior e Cerceda.
  • Carboeiro, que afecta as parroquias de Erboedo e Soandres.
  • Monteagudo, que afecta a Caión.
  • Pedra Queimada, que afecta a Caión.
  • Meirama, que afecta a Soandres.
  • Pedrouzos, o afectado pola sentenza e que iría tamén na zona de Soandres e Montemaior.