A oficina de información turística de Caión abre mañá

A oficina de turismo no verán na parroquia de Caión
A oficina de turismo no verán na parroquia de Caión

Nas instalacións da antiga Casa Reitoral, a oficina estará a disposición do público de luns a sábado

Mañá, coa chegada do mes de xullo, o Concello da Laracha volverá prestar o servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia. O horario de apertura ao público será:

  • Luns: 15:30 a 18:00 h.
  • Martes a venres: 9:00 a 14:00 h e 15:30 a 18:00 h.
  • Sábado: 9:00 a 14:00 h.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante o verán. Posteriormente será reubicada na capital municipal.