Seguridad viaria na rúa San Martiño de Paiosaco

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse na propia rúa San Martiño
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse na propia rúa San Martiño

O Concello da Laracha investirá 35 mil euros na mellora na rúa

O goberno municipal ten previsto realizar obras de urbanización e reforzamento da seguridade viaria na rúa San Martiño. Está situada no casco urbano de Paiosaco e dá acceso ao núcleo da Agrela. A intervención proxectada inclúe a canalización soterrada da rede eléctrica ao longo dunha distancia lineal duns 150 metros. Contemplánse tamén a eliminación dos catro postes do actual tendido aéreo.

Isto permitirá dispoñer dun maior espazo na calzada, que pasará de ter unha anchura media da plataforma de catro metros. E alcanzará unha amplitude  máxima de sete metros e medio. Deste xeito reforzarase a seguridade viaria tanto para a circulación rodada como para os peóns.

O proxecto suporá un investimento de 35.000 euros a financiar íntegramente con fondos municipais. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse alí antes do inicio das obras.