Licitación para catro proxectos en estradas do concello

Imaxe do arquivo da parroquia de Cabovilaño no Concello da Laracha
Imaxe do arquivo da parroquia de Cabovilaño no Concello da Laracha

Afectan a 25 entidades de poboación de nove parroquias do concello

O Concello saca a licitación esta semana catro novos proxectos de mellora da estradas de núcleos rurais e os seus servizos complementarios. As obras uman un importe total de 431.000 euros. En todos os casos inclúen sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria. Os proxectos levaranse a cabo en vías de vinte e cinco entidades de poboación de nove parroquias diferentes:

  • Soandres: O Priorato, A Abeleira, Boimir, A Insuaboa, Currelos de Abaixo, Condesuso, Condes, As Táboas e A Ponte da Veiga, mellora da capa de rodadura das estradas.
  • Montemaior: O Batalo, Bardenlos, A Ferreira, Casas Longas, O Lorteiro e Pazos, mellora do pavimento en todas as estrada e tamén da rede de recollida de augas pluviais nos puntos nos que así é necesario.
  • Lemaio: ampla intervención que contempla a mellora da capa de rodadura de dúas vías que cumunica e discorren polos núcleos de A Estrada, Tuixe de Arriba, Tuixe de Abaixo e A Barreira. Presentan unha lonxitude total duns 5.000 metros lineais. Tamén se contempla a mellora e ampliación da rede de abastecemento de auga.
  • Torás: estrada no núcleo de O Campo, moi próximo ao casco urbano da Laracha, onde as obras consistirán no acondicionamento dos sobreanchos resultantes da construción de novos peches de parcelas particulares para o seu aproveitamento como espazos de aparcamento. Ademáis, será ampliada e mellorada a rede de recollida de augas pluviais.
  • Cabovilaño: mellorarase a vía do núcleo de Cardois, incluíndo tamén a mellora da rede de pluviais. En Caión, no núcleo de Goxán, levarase a cabo unha intervención de similares características.
  • A Painceira (parroquia de Coiro), O Campo da Porta (Lendo) e Vilanova (Vilaño): será renovada a superficie de rodadura dos vehículos.

.