Obras na estrada entre O Raño e O Xestal

obras en montemaior estrada o raño

Este Nadal rematarase a actuación entre O Raño e O Xestal.

Neste sentido, o Concello iniciou a execución do proyecto de mellora das estradas que comunican O Raño co igrexario de Montemaior e O Xestal. Neste sentido, a primeira fase das intervencións afectou a un tramo do ramal entre O Raño e O Igrexario.

Así proxecto culminarase tralas festas do Nadal nunha segunda fase que incluirá o remate dese mesmo toramo e a actuación entre O Raño e O Xestal.

Ademais, en total, as obras afecan a unha lonxitude lineal de 1,7 quilómetros de vías. Ao longo do seu percorrido lindan directamente ou dan acceso a un importante número de parcelas agrícolas e mesmo a unha instalación agrogandeira.

De xeito, o triplo propósito da intervención é:

  • mellorar a superficie de rodadura do firme,
  • a drenaxe e a sinalización para facilitar
  • o tránsito e aumentar a seguridade viaria

Tamén fontes municipais aclaran que "Esta intervención está incluída no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia".

Para rematar, o proxecto está valorado en máis de 94.000 euros. Agader financia 78.456 euros e o Concello a parte restante con fondos municipais.