O grupo socialista alerta sobre as deficiencias no parque infantil da urbanización Monteclaro

Espazo de xogos na urnabización Monteclaro, en cabovilano
Espazo de xogos na urnabización Monteclaro, en cabovilano

No pleno da corporación o grupo socialista tamén preguntó polo transporte escolar de varios centros educativos do concello

O grupo socialista da Laracha asegura que "o Concello recibiu queixas polo estado de abandono do parque infantil da urbanización Monteclaro, en Cabovilaño. O deterioro das instalacións faise cada vez máis evidente. Actualmente, as randeeiras están precintadas, o caucho do chan atópase visiblemente degradado, a madeira dos xogos empeza a estar comida pola trilla e un cono de obra ocupa o lugar onde orixinalmente había unha fonte".

Así mesmo, levaron ao pleno, unha pregunta sobre as "deficiencias do transporte escolar en varios centros educativos públicos do concello". O alcalde mantivo recentemente unha reunión co Delegado Territorial da Xunta de Galicia. Nela abordáronse melloras no servizo para o IES Agra de Leborís, o CEIP Alfredo Brañas e o CEIP Ramón Otero Pedraio. "Pero non especificaron cales son as medidas concretas que se van adoptar", dí Palomi Rodríguez, portavoz do grupo.